Skip to main content

Nova programación!

Nova programación!

Xa está en liña a nosa programación ata o mes de xuño. Iremos engadindo algunha cousiña máis, pero xa podedes ir descubrindo o que vai vir.

Seguimos a traballar arredor da peza de Jean-Paul Sartre, Huis Clos, que define o tema desta tempada: “A porta cerrada. Preparativos escénicos para un tempo peor”. Nesta segunda parte do ciclo de creación, propoñémosvos relatos que nos achegan a certas imaxes do nazismo, á crise migratoria do mediterráneo, ou á soidade como inferno particular.

Comezamos retomando un segundo encontro de Ui Clo, á volta do Nadal, e teremos a continuación a segunda etapa de Aylan [silencio], un novo capítulo da serie E nós, alí, concertos, recitais poéticos, teatro en francés…

Tedes todos os detalles aquí.

Todo isto non sería posible sen a nosa Comunidade Permanente. Se queredes colaborar co noso proxecto, asóciate!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…