Skip to main content

Nova programación!

Nova programación!

Estamos de volta! Despois dunha pausa ben necesaria para ir dando forma aos proxectos deste último trimestre do ano 2025 (e algúns dos que imaxinamos para 2026). Xa tedes na axenda os espectáculos que propoñemos (polo momento) ata o mes de decembro.

Este novo ciclo de creación nace a partir da lectura de Huis Clos, de Jean-Paul Sartre, e leva por título “A porta cerrada. Preparativos escénicos para un tempo peor“. A impresión de confinamento domínanos, porque non hai fuxida posible e temos que compartir o noso espazo cos “Outros”, os que son incapaces de abordar o consenso. Conducimos esa inquietude cara as nosas pezas e as nosas propostas escénicas.

“Ti non es nada máis que a túa vida”, di Inès a Joseph. Ata onde nos pode levar escenicamente o impulso desta frase?

Hai máis cousiñas que se irán incluíndo sobre a marcha. Seguídenos con atención!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…