Skip to main content

O corpo da aparencia

O corpo da aparencia

Os corpos aparecen diante de nós. Preséntanse, ou son presentados. Están. Vémolos. Pero como queren ser vistos? Non hai unha correspondencia entre o que un dá a ver e o que a persoa que observa percibe. As intencións non bastan, pero teñen consecuencias. Talvez non agora, inmediatamente, pero nalgún momento. A vontade de amosar unha determinada aparencia é unha acción, unha forza que transforma tanto o corpo do que se mostra como aquel que observa. Sedución, finximento, hipocrisía, beleza…perda, derrota, ou triunfo. Ou simplemente esa suspensión íntima na espera.

UiClo2 : o corpo da aparencia

[Unha permanencia escénica de artes do movemento]

Coa participación de Amparo Novas, Lisa Vitorino, Ánxela Vidal e Paulo p

Domingo 18 de xaneiro ás 12:30

Reservas dispoñibles!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…