Skip to main content

O exemplo da partida de xadrez (1)

O exemplo da partida de xadrez (1)

Imaxinemos agora unha partida de xadrez. Propoñemos unha situación ideal, onde os dous xogadores teñen o mesmo nivel de destreza e o mesmo nivel de implicación co xogo. A partida dispútase e faise unha gravación da mesma. A continuación, os xogadores estudan as imaxes ata seren quen de reproducir exactamente a partida, ata o máis mínimo detalle. Esa reprodución cáptase de novo en imaxes. Semella evidente que aínda que os filmes sexan idénticos, o que captan non o é1. A primeira vez, a partida produciuse a través dun procedemento que non ten nada que ver co da segunda. Como vemos, unha singularidade do xogo é que podemos producir todos os signos que compoñen unha partida sen xogala realmente. Non podemos varrer, ou saltar, ou comer unha pataca sen facer esas cousas realmente, independentemente do ben ou mal que o fagamos, ou do interese que poñamos nelas.

Non obstante, incluso a primeira partida non tivo por que ser xogada. Aínda que se produza dentro dun esforzo de xogo, respectando todos os seus principios, existen moitos factores que determinan que poidamos considerar que esa partida se xogou ou non, máis aló de que se desenvolvese dentro do marco dun dispositivo que recoñecemos socialmente como xogo.

[…]

  1. A pregunta que semella evidente é: podería un espectador percibir algunha diferencia entre as dúas captacións de imaxes? ↩︎

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Todo isto comezou por casualidade. Pero as casualidades non existen, só é unha falta de perspectiva que non nos permite ver certas conexións entre as cousas. E logo, cando as conexións se revelan, t…

ARTIGO RELACIONADO

,
Esta é unha proposta por veces absurda, pero que aborda temas relevantes para nós. O pretexto é a memoria dun espectáculo de hai 25 anos. Que queda aínda hoxe? Como se mantivo vivo durante todo este…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Outra vez. Ningunha vez é igual a outra. Ningunha das ocasións nas que se retoma unha frase, ou unha escena, nos ensaios é a mesma. Isto pode parecer un estereotipo, porque o é, a maior parte das ve…