Skip to main content

O exemplo da partida de xadrez (2)

O exemplo da partida de xadrez (2)

Deixarámolo aquí. Ben, sigamos.

En primeiro lugar, temos que separar os tres elementos do xogo, utilizando tres termos emprestado á lingua inglesa:

  • aquilo a que xogamos: o dispositivo e as regras (game)
  • que facemos cando xogamos: a conduta do xogador (play)
  • que fai que haxa xogo na nosa conduta: a actitude que adopta o xogador fronte ao que está a facer (playing)

No noso exemplo da partida de xadrez, identificamos doadamente como game o que constitúe o seu aspecto físico (pezas, taboleiro) e as regras dese xogo. A continuación, recoñecemos o play nos xestos dos xogadores que conforman o desenvolvemento da partida. Estes dous elementos son comúns tanto á partida inicial como á súa reprodución. Non obstante, podemos definir un aspecto dentro do play, que constitúe a diferenza fundamental entre as partidas: a toma de decisións.

No segundo caso, non hai toma de decisións. As decisións sobre que facer xa se tomaron na partida inicial. Semella evidente que unha conduta non pode ser plenamente lúdica sen que as decisións que producen as accións de xogo se tomen en tempo real durante o desenvolvemento da partida. Porén, esta é unha condición necesaria, pero non suficiente, posto que intervén aínda ao nivel do segundo elemento, o play. Temos que considerar tamén a actitude do xogador cara os procesos de decisión e acción que constitúen o playing.

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Novas datas en abril! Todo isto comezou por casualidade. Pero as casualidades non existen, só é unha falta de perspectiva que non nos permite ver certas conexións entre as cousas. E logo, cando…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Nacer nunha illa. Medrar nunha illa. Morrer nunha illa. E logo, fuxir a terra. Sobrevivir non é seguir vivindo. Sobrevivir é non ter morto. Polo menos, non completamente. A morte non ten por…