Skip to main content

O home que xa non sabía ir ao teatro [peza para dúas persoas que falan consecutivamente e crean unha impresión de diálogo por efecto Kuleshov]

O home que xa non sabía ir ao teatro [peza para dúas persoas que falan consecutivamente e crean unha impresión de diálogo por efecto Kuleshov]

Esta é unha proposta por veces absurda, pero que aborda temas relevantes para nós. O pretexto é a memoria dun espectáculo de hai 25 anos. Que queda aínda hoxe? Como se mantivo vivo durante todo este tempo?

Máis aló diso, a peza propón que pensemos de novo a nosa posición de espectadores, diante do teatro, e diante das cousas máis cotiás, para que valoremos que actores queremos ser diante dos acontecementos escuros que se presentan como inevitables nun futuro próximo.

Con Quique Rey e Lisa Vitorino, nunha posta en escena de Alberte Alonso.

Sábado 13 e domingo 14 de decembro ás 20:00

Reservas dispoñibles!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…