
Algunhas imaxes1, simplemente. E máis cousas…









Hai algo de ambigüidade voluntaria neste título. Podemos estar a falar do resto, do trazo que deixa o espectáculo. Pero tamén, dalgún xeito, do tempo que falta para que volva a presentarse escénicamente. Porque hai certas propostas que necesitan retornar, que non encontraron a súa forma definitiva2, e que persisten dalgunha maneira, reclamándonos máis tempo.
Foi así volverá no outono, en formato reboot, cunha nova proposta de posta en escena para o texto orixinal.
- As fotografías chegan da mao dos nosos amigos de unopuntocuatro ↩︎
- se iso quere dicir algo. Borges dicía que só hai borradores, que a idea de texto definitivo só se corresponde coa relixión ou co cansazo. Isto ten unha pertinencia absoluta se falamos de teatro. ↩︎

No mes de novembro acollemos a Iván Davila para propoñervos un curso de clown en formato de fin de semana. Esta será a primeira das nosas citas anuais con este formato, que incorporamos ao noso perc…

Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigaci…

Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas. A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante…