Skip to main content

O que vale unha vida

O que vale unha vida

Recital poético de Esme Quiroga e Alberte Alonso  que toma como punto de partida unha frase de A porta pechada, de Jean-Paul Sartre. A personaxe de Inès di: “Ti non es nada máis que a túa vida”. Ofrecemos unha exploración desta idea a través de textos poéticos propios e alleos, onde se reúnen moitas interpretacións posibles. Somos unha sucesión de feitos singulares ou hai unha identidade que os atravesa? Merece a pena pensar nun “eu” que a sustenta ou cómpre contemplala como unha fonte de acción máis nunha infinita serie de causas e efectos que nos ignora como suxeitos? Moito queda por dicir…

Se queres colaborar co noso proxecto, convidámoste a formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

As persoas socias poden reservar a súa entrada anticipadamente na web.

Entrada libre ata completar aforo.

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…