Skip to main content

Obradoiro para persoas adultas

Obradoiro para persoas adultas

O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións específicas da interpretación e da teatralización de aspectos da nosa vida cotiá.

O xogo é o elemento que sostén a dinámica da acción, que nos permite achegarnos a distintas temáticas e distintos materiais para poder intervir teatralmente sobre eles.

Pero a que xogamos cando interpretamos?

Vide a coñecer o proxecto e a formar parte da Comunidade Permanente.

Tarifas:

50 euros/mes

Redución especial estudantes: 30 euros/mes

Tamén se require unha cota de adhesión á Asociación Cultural Teatro Permanente (20 euros/familia) que dá acceso a nosa programación para a tempada 26-27 a todos os membros da unidade familiar.

Para saber máis, chamádenos!

Portas abertas (con inscrición previa) do 21 ao 25 de setembro.

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa está dispoñible a nosa programación para o último trimestre do ano. Podedes consultala na nosa sección En cartel. As reservas estarán dispoñibles a partires do 15 de setembro. Ven formar pa…

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…