Skip to main content

Que facemos no obradoiro Pequeatro?

Que facemos no obradoiro Pequeatro?

Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo.

En principio, propoñemos dous grupos:

  • luns de 17:30 a 19:00
  • xoves de 17:30 a 19:00

Establecemos un mínimo de 4 persoas para poder manter o grupo aberto, e un máximo de 8 inscricións por grupo.

Ofrecemos unha práctica teatral semanal que se asenta sobre dinámicas moi variadas que pretenden reforzar as capacidades expresivas e o coñecemento das potencias de interpretación e de interacción social das persoas.

Tarifas:

30 euros/mes

Tamén se require unha cota de adhesión á Asociación Cultural Teatro Permanente (20 euros/familia) que dá acceso a nosa programación para a tempada 26-27 a todos os membros da unidade familiar.

Para saber máis, chamádenos!

Portas abertas, con inscrición previa, do 21 ao 25 de setembro.

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa está dispoñible a nosa programación para o último trimestre do ano. Podedes consultala na nosa sección En cartel. As reservas estarán dispoñibles a partires do 15 de setembro. Ven formar pa…

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…