Skip to main content

Os Outros

Os Outros

Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos propios e alleos nos que recoñecemos a idea da alteridade, resaltando as diferenzas, ou subliñando as semellanzas, segundo o caso. Porque tamén podemos non recoñecernos no que compartimos.

Como nos enfrontamos a eses Outros que constitúen o grupo de persoas do que “eu” non pode nunca formar parte? Esa é a ruptura máis radical das nosas vidas, a que nos separa para poder singularizarnos, para obrigarnos a defender e alimentar esa idea de que somos alguén. Non somos nada máis que as nosas vidas, a secuencia de feitos que a compoñen e que teñen valor para a cadea interminable na que se insiren, independentemente de quen os realice.

Por que os Outros son o auténtico inferno que nos propón Sartre? Por que situar o inferno precisamente aí, na presenza du Outro que fai dese espazo compartido un tempo de condena ou de castigo?

Venres 8 de maio ás 20:00

Entrada libre ata completar o aforo.

As persoas socias poden reservar a súa praza anticipadamente.

No mes de novembro acollemos a Iván Davila para propoñervos un curso de clown en formato de fin de semana. Esta será a primeira das nosas citas anuais con este formato, que incorporamos ao noso perc…
Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigaci…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas. A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante…