Skip to main content

Os xogadores de bádminton

Os xogadores de bádminton

Donald Schön1, citando a Max Wertheimer (On productive thinking, 1959), aborda unha situación entre dous xogadores de bádminton de nivel moi desigual: «A medida que o xogo progresaba, cada un deles tratando de gañar, o rapaz de máis idade gañaba facilmente, e o rapaz máis novo xogaba cada vez peor, ata que un deles propuxo un novo xogo, cuxo obxectivo era manter o volante no aire o maior tempo posible. Wertheimer conta que durante este proceso, mentres os dous tiñan que traballar tan duro como podían, os esforzos do rapaz máis vello eran complementarios dos do máis novo; os dous comezaron a desfrutar do xogo, e o nivel de xogo do rapaciño mellorou». Podemos pensar que a medida que o nivel de xogo do rapaz máis novo aumente, o interese polo novo xogo diminuirá. O obxectivo é manter a experiencia do xogo na zona de fluencia.

  1. Schön, Donald A. (1993): «Generative metaphor: A perspective on problem-settin in social policy», ed. Andrew Ortony, Metaphor and Thought., New York: Cambridge University Press, p. 162. ↩︎

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Nacer nunha illa. Medrar nunha illa. Morrer nunha illa. E logo, fuxir a terra. Sobrevivir non é seguir vivindo. Sobrevivir é non ter morto. Polo menos, non completamente. A morte non ten por…

ARTIGO RELACIONADO

,
As achegas da neurociencia son fundamentais para entender os procesos biolóxicos sobre os que se asentan as actividades potencialmente lúdicas. O psicólogo Jaak Panksepp desenvolveu unha teoría da c…

ARTIGO RELACIONADO

,
Esta é unha proposta por veces absurda, pero que aborda temas relevantes para nós. O pretexto é a memoria dun espectáculo de hai 25 anos. Que queda aínda hoxe? Como se mantivo vivo durante todo este…