Skip to main content

Paulo P.

Paulo P.

Os méritos outórganse desde fora. Unha pode achar que é a Rainha da Noite ou sentirse da
caste dos poètes maudits e incomprendidos alla de Vigny ou Verlaine, mas os méritos danse desde un exterior, son heterónomos. No mercado de almas e corpos da comunidade de chalados que é a sociedade do capitalismo cibernético eses méritos preténdense claros canto que estão certificados. Pois ben, aí vai algunha cousa: Doutorando en Historia da Arte; Pós-graduado en Filosofía Contemporánea; Pós-graduado en Investigación en História da Arte; Graduado en Música Antiga, especialidade Frauta de bisel; Graduado en Historia e Ciencias da Música; Graduado en Historia da Arte; Graduado en Educación. Viveuse tamén nalgunhas outras trituradoras de carne que coas súas lambedelas de mamai ursa darían forma ao organismo actual, malia que, por ineptitude, incapacidade, ou porque a carne non aguentou, o certificado non foi expedito. E hai mais, muito mais, non é unha particularidade propria, acontece o mesmo a calquera forma-de-vida nestes ámbitos. Cursos de instrumento, profesoras, algún concurso, mais universidade. É un xogo engrazado, unha brincadeira que non debe ser levada muito a serio. E así, poderiamos dicer:
no campo da interpretación musical as áreas de interese principais están, por unha parte, na produción estritamente contemporánea; por outra, no amplo espazo da música anterior a 1800, con proxectos desde o repertorio medieval até o Empfindsamer Stil. Con iniciativas proprias ou en colaboración con outros grupos realízanse concertos por todo o continente europeu, desde as Illas Británicas até a Turquia.
No campo da investigación as áreas de acción localízanse sobretudo en tres disciplinas distintas, a saber: análise e estética musical; a filosofía que segue às do acontecimento e da diferenza; e os procesos de subjectivización nas artes visuais, nomeadamente a produción do sexo e do género.
Ou poderiamos dicer:
toca nietzscheana gaita de fole, anda a volta do conceito, persegue a obra de arte do lado do acontecimento.

Os corpos aparecen diante de nós. Preséntanse, ou son presentados. Están. Vémolos. Pero como queren ser vistos? Non hai unha correspondencia entre o que un dá a ver e o que a persoa que observa perc…
Retomamos as sesións matinais da man de Amparo Novas, Ánxela Vidal Trabada e Paulo p, cunha nova proposta de acción escénica a través do movemento, a palabra e a música. Desta volta partimos das…

ARTIGO RELACIONADO

,
O venres 5 de decembro ofrecemos un novo concerto de frauta a cargo de Paulo p. Desta volta preséntanos un repertorio contemporáneo complexo e diverso. Violeta Dinescu Immaginabile Agnes Dorw…