Skip to main content

Permanecer aquí

Permanecer aquí

Despois de ter escrito case todos os textos que compoñen a programación desta tempada (dous están xa en fase de creación, o resto espera o seu momento) decátome de que o tema, se lle podemos chamar dalgunha maneira, deste curso é a memoria. Ten todo o seu sentido, pero recoñezo que non foi algo voluntario. Iso si, non deixa de sorprenderme unha afinidade tan evidente entre eles sen que houbese mediación ningunha pola nosa banda.

Hai pontes. Sempre hai pontes. Hai algo esencial en ver as pontes, independentemente do que haxa na outra beira. Podemos camiñar seguindo un curso (non falo de nostalxia) e de súpeto entender que aquel instante está unido a outro, ou a moitos. Están aí, á nosa disposición, presentes é útiles, como se esas teorías fermosas que falan de pregar o espazo e o tempo fosen posibles, como se o momento actual puidese frotarse contra o acontecido e permitir a permeabilidade temporal, filtrarnos nese intre seguindo aquí. Que cousa estraña ese contacto físico entre lugares distantes, que estraña superposición de imaxes incompatibles.

Recoñezo unha vertixe necesaria, a que nos protexe da melancolía, do arrepentimento ou da saudade. Ten que estar aí. Preservándonos de permanecer aló, preservándonos da renuncia. Hai algo diso en todos estes textos. Achégannos a momentos que non existen xa, pero que foron importantes, e traennos de volta para que entendamos que o noso lugar está na distancia que hai entre eles.

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…
Unha ocasión para escoitar os versos de Rosalía, co gallo do día mundial da poesía, na voz de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, poeta, membro da Real Academia Galega, e profe…