Skip to main content

Poética Vicaria

Poética Vicaria

Propoñémosvos un tempo para os textos poéticos, propios e alleos, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso.

Nas últimas semanas temos construído unha cadea de poemas, ou fragmentos de poemas, de distintos autores e épocas, que encontraron pontes entre eles; pontes que, por veces, nin sequera nós somos quen de percibir con claridade.

Compartiremos convosco este percorrido, volveremos sobre os nosos pasos, nunha lectura a dúas voces para cada texto, e tentaremos reencontrar o camiño que nos levou a eles.

A vosa participación é benvida no proceso, abrindo pistas novas cara outras cadeas, outras series que dean continuidade ao alcanzado ata o momento. Ao final da lectura, abriremos un tempo de diálogo cos espectadores, para recoller novos impulsos para as cadeas futuras (que virán).

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…