Skip to main content

Por que me falas así…

Por que me falas así…

Por que me falas así, dicíndome?

[…]

Este inciso, inicio, naceu con pausa,

naceu en tempo lento, demora o seu devir,

demórase en servir non sendo inútil,

non completamente, supoño,

tal vez non importe demasiado.

O que digo escóndese, disfrázase de frase,

remata en interrogación, pregunta,

e ti, xa ora, es preguntada.

Por que non respondes, agora,

(pregunto de novo, sen máis signos)

non te escondas na ausencia, na falta de estares aquí,

no simple feito de ignorares que che falo,

que solicito de ti que me respondas.

Hai unha diferencia,

non falo de distincións ou de matices,

falo de substantivar o diferir,

o desacordo íntimo do outro,

a pertinencia cabal da alteridade,

e non podo non diferir

de tan estraño que son de min,

e moito máis de ti, se non es ti,

pois non hai […]

se non me falas.

No mes de novembro acollemos a Iván Davila para propoñervos un curso de clown en formato de fin de semana. Esta será a primeira das nosas citas anuais con este formato, que incorporamos ao noso perc…
Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigaci…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas. A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante…