Skip to main content

Presentación da tempada

Presentación da tempada

Arrincamos un novo curso no Teatro Permanente, cun adianto da programación ata final de ano, e propoñémosvos a que será unha das novidades desta tempada: a dramaturxia aberta. Ao inicio de cada ciclo de creación, convidaremos á Comunidade Permanente para conversar e procurar elementos que poidan servir a sustentar os procesos dramatúrxicos sobre os que se consolida cada peza.

Como remate ás nosas xornadas de portas abertas, ofrecemos unha primeira versión dunha creación en curso que nos acompañará durante toda a tempada, A(y)lan [silencio], ao que seguirá unha breve presentación do tema central desta tempada e un tempo de conversa arredor do espectáculo.

Venres 26 de setembro ás 20:00.

Entrada libre ata completar aforo.

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…