Skip to main content

Primeira etapa para unha variación

Primeira etapa para unha variación

A primeira xa non é esta. A primeira foi hai varios meses cando unha idea comezou a tomar forma: facer unha proposta de concerto poñendo os medios escénicos do Teatro Permanente ao servicio da interpretación, neste caso, musical. De aí, nace un percorrido en distintas etapas que nos leva ata un solo de frauta no que poderemos escoitar unha serie de variacións sobre un tema central.

E descubrimos que cada etapa necesita doutras etapas, que cada proceso necesita outros, nunha especie de matrioshka sonora e visual.

Aló no fondo hai unha historia, unha historia que podemos intuír ou imaxinar, e que nos leva cara outras etapas, as da artista que é convocada diante do público, pero que antes dese último paso, antes de irrumpir en solitario na escena, necesita percorrer algunhas das rutinas, tamén por etapas, necesita visitar algunhas memorias de todo cando fixo falta para que este suceso sexa posible.

Reservas xa dispoñibles!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa está dispoñible a nosa programación para o último trimestre do ano. Podedes consultala na nosa sección En cartel. As reservas estarán dispoñibles a partires do 15 de setembro. Ven formar pa…
Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…
Os corpos aparecen diante de nós. Preséntanse, ou son presentados. Están. Vémolos. Pero como queren ser vistos? Non hai unha correspondencia entre o que un dá a ver e o que a persoa que observa perc…