Skip to main content

Que ruído fai o tren?

Que ruído fai o tren?

Hai un momento, nalgunha mañá de inverno, un momento que volve, con tanta certeza que semalla ser o mesmo. Un momento no que a muller se para, respira, e o aire húmido que sobe do río entra directamente ata o fondo da gorxa. E nese punto pensa, coma moitas outras veces, demasiadas veces, que iso xa aconteceu antes; e unha imaxe regresa, unha imaxe muda. Non, nin sequera é unha imaxe; é unha impresión, simplemente. A certeza de que o instante está a repetirse, de que iso xa pasou. Non é unha impresión de rutina, non; non é un déjà-vu. É a idea clara e distinta de que un mesmo instante, idéntico, está a producirse de novo. Como ese día da marmota no que cómpre entender que é necesario facer algo en particular para poder pasar páxina, para poder chegar á mañá seguinte. Un día plenamente orixinal, libre de copias, de bucles, que poidan perturbar a nosa fe no fluxo inevitable da desaparición.

Foi así. O 16 de marzo ás 12: 30. Entradas dispoñibles aquí.

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…