
Récits d’un effondrement: Ruir
Récits d’un effondrement: Ruir
Este espectáculo propón unha conversa entre dous “garçons d’étage” (camareiros de piso) que atenden ás persoas que chegan ao inferno imaxinado por Jean-Paul Sartre para Huis Clos (A porta pechada). Fronte á aparición dunha crianza moi nova, comeza unha interrogación sobre que a puido levar ata aí, o que nos permite descubrir unha historia escura e terrible.
En escena, Eveline Wojak e Lisa Vitorino. Texto, dramaturxia e posta en escena de Alberte Alonso.
Espectáculo para público adulto integramente en lingua francesa sen subtítulos.
Se formas parte da Comunidade Permanente podes reservar a túa praza anticipadamente. Asóciate!
Venres 20 e sábado 21 de febreiro ás 20:00.
Reservas xa dispoñibles!

Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!

Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…

O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…