Skip to main content

Ruir [reboot]

Ruir [reboot]

Xa na tempada pasada iniciamos esta modalidade de multi-proposta para unha mesma peza: dúas maneiras de poñer en escena un único texto. Neste caso, retomamos Ruir, cunha achega completamente diferente que conserva algúns elementos da escuridade do universo de Jean-Paul Sartre, pero que se descobre, paulatinamente, como un espazo de expresión radicalmente distinto.

27 e 28 de novembro ás 20:00

O domingo 29 de novembro ás 19:00 propoñemos a posibilidade de ver as dúas postas en escena nun programa dobre cun entreacto para os cambios de dispositivo.

Reservas xa dispoñibles!

Se aínda non formas parte da Comunidade Permanente, asóciate!

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa do noso percorrido sobre A porta pechada, centro da nosa programación na tempada 25-26. Nesta peza imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas q…

ARTIGO RELACIONADO

,
Eu é, e non existe, como tampouco existes ti sexa cal sexa o teu nome; eu é outro, nada que ver comigo, que non son nada, nada podo dicir, nada che escribo, aínda que fale…
Moita palla e pouca gra1 é unha peza de William Shakespeare escrita nos últimos anos do século XVI, un enredo que percorre as conversas e situacións, por veces esperpénticas, dunha serie de personax…