Skip to main content

Ruir

Ruir

Velaquí a última etapa do noso percorrido sobre A porta pechada, centro da nosa programación na tempada 25-26. Nesta peza imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre. Recuperamos un texto inicialmente escrito en lingua francesa, que tende a enredarse coas palabras para crear diálogos improbables e, por veces, desconcertantes. A aparente banalidade coa que abordan temas sombríos amplía o efecto de estrañeza, e resulta difícil imaxinar se estas figuras estiveron, nalgún punto, dotadas de humanidade.

A nosa proposta comeza coa aparición dun cativo duns cinco anos, e imos descubrindo a través dese diálogo, as razóns terribles que o levaron alí.

Retomamos agora a proposta coa que pechamos a tempada 25-26, para continuar cunha versión alternativa en formato reboot.

Con Sonia Salgado e Lisa Vitorino, e a colaboración de Venus Pavón Requejo.

Texto, dramaturxia e dirección de Alberte Alonso.

20, 21 e 22 de novembro ás 20:00

O domingo 29 de novembro ás 19:00 propoñemos a posibilidade de ver dúas postas en escena deste texto nun programa dobre cun entreacto para os cambios de dispositivo.

Reservas xa dispoñibles!

Se aínda non formas parte da Comunidade Permanente, asóciate!

No mes de novembro acollemos a Iván Davila para propoñervos un curso de clown en formato de fin de semana. Esta será a primeira das nosas citas anuais con este formato, que incorporamos ao noso perc…
Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigaci…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas. A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante…