Skip to main content

Segunda etapa para unha variación

Segunda etapa para unha variación

Serán cinco en total, non nos dará tempo a velas todas. Hai que deixar algo para ese día, tamén. Algunha novidade, algo imprevisto. Tal vez por iso estes textos non pretenden ser fieis ao que alí acontecerá: porque non poden.

Viredes?

É preferible ir aos espectáculos sen saber nada. Somos aínda quen de facer iso? Ou necesitamos razóns que nos convenzan? Que di de nós que iso sexa así?

Viredes?

Escribimos porque non temos outra maneira de dicir antes de estar alí. E este dicir, por veces torpe, errático outras veces, impreciso, non é máis que unha tentativa, non necesariamente con éxito. A pesares da súa inconveniencia, hai cousas que pasan lendo tamén, pequenas conexións que se crean e que motivan unha reacción cara o espectáculo, que nos incitan a ir, ou a vir, segundo se mire; quen puidese hoxe incitarvos a vir. Ou a ir. A estar, en definitiva, aquí, mañá, connosco. Non darvos razóns, non: simplemente que sintades o impulso de vir, polo que tal vez pase, non polo que fagamos.

Levo un bon pedazo dándolle voltas ao que escribir para ser quen de conducir ese estímulo. Nada do que encontrei me serve. Prefiro deixar simplemente constancia desa loita motivada pola impresión de beleza que me deixan os traballos previos, e cando vexo os elementos alí, agardando pola última sesión de preparación de mañá (pouco queda, algúns retoques na escena, axustar os tempos duns poucos efectos…), penso que…

[e non fun quen de escribir máis]

Deixa unha resposta

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…