Skip to main content

Sonia Salgado

Sonia Salgado

Sonia empeza a facer teatro na escola. No recreo, quedaba coa súa mestra daquela, Maite Campos, e ensaiaban mentres as outras crianzas xogaban no patio. Hoxe en día segue a colaborar con ela no proxecto LuzAzul para a integración de persoas con diversidade física e intelectual.

O teatro sempre estivo presente na súa vida, participando en creacións con distintas compañías, realizando cursos e obradoiros que lle permitiron construír unha maneira propia de entender a interpretación.

Estamos encantados de que o Teatro Permanente sexa a nova etapa no seu percorrido. E por moitos anos!

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…