Skip to main content

Etiqueta: amelia

Am(e)lia

Alguén quixo te coller e non estabas

Paras ao lonxe,

e dende aquí resulta imposible bailarte,

non podemos verte sequera,

na transformación filial, súbita, dos nos hábitos máis firmes.

Permaneces inmóbil, descoidadamente infantil,

incomodamente ausente, xalundes,

patria do faltar, do non ser quen de terte.

Na destreza coa que o silencio ocupa o teu lugar

recoñezo que por veces esquezo que existes, non te estraño;

pero daquela alguén respira, e semella, subitamente,

na axitación, no pánico,

que gardases alén todo o aire que necesitabamos.

Non volvas xa,

non regreses a ti, ao teu seres aquí, nós, connosco, nunca.

Pasaron as horas,

alguén observaba e non te viu,

alguén te arrolaba e non te viu,

non pretendas volver, xa es imposible.

Amelia [encore]

A interacción entre Paulo e Amparo, coa mediación escénica de Lisa, volta para continuar o seu percorrido o 26 de xaneiro.

Abordamos esta nova Permanencia cun dispositivo moi simple. Unha xornada de residencia para configurar a presentación escénica e unha única función ao día seguinte. O ciclo renovarase indefinidamente (mentres teñamos algunha boa razón para facelo).

Movementos sonoros e visuais espontáneos.