Skip to main content

Etiqueta: formas efémeras

Amelia [encore]

A interacción entre Paulo e Amparo, coa mediación escénica de Lisa, volta para continuar o seu percorrido o 26 de xaneiro.

Abordamos esta nova Permanencia cun dispositivo moi simple. Unha xornada de residencia para configurar a presentación escénica e unha única función ao día seguinte. O ciclo renovarase indefinidamente (mentres teñamos algunha boa razón para facelo).

Movementos sonoros e visuais espontáneos.

Foi así.

Unha creación do Teatro Permanente con Natalia e Lisa (e tal vez máis).

Texto de Alberte, sobre un fondo de Othello, de W. Shakespeare.

Unha nova permanencia en formato extendido. Tres sesións de traballo para un resultado efémero a partir das memorias dunha creación de 2005.

Teatro a medida

Propoñemos creacións a medida para os centros de ensino que desexan ofrecer unha programación de teatro aos seus alumnos. En colaboración cos equipos docentes, abordamos distintos temas a través do teatro e escribimos textos específicamente adaptados a eles, que configuran a base das nosas creacións.

Producimos espectáculos para todas as idades, desde a segunda etapa da educación infantil infantil ata a secundaria. Propoñemos acollervos na nosa sala, en grupos reducidos, e tamén ofremos a posibilidade de investir teatralmente algún lugar específico dos centros.

Consultádenos para saber máis!

Amelia

[Proxecto de creación silenciosa]

Non todo o que se di ten sentido. Non todo o que ten sentido é dito. Ás veces nin sequera se pode dicir as cousas que máis sentido teñen. Se non se pode falar do que sucedeu, dá igual o que se diga.

Podes bailar se non dis nada? Non o sabemos. Pero podemos dicir que o fixemos. Isto non ten nada que ver co que aconteceu ese día, ese domingo 27 de outubro, nin a súa víspera.

[ ]

A metodoloxía é simple. Partimos dunha idea, convidamos a artistas a unha xornada de creación e improvisación e consolidamos o marco para o que pode acontecer. Ao día seguinte, dámos acceso a un deses sucesos.

Quedou isto (entre outras moitas cousas)

[Amelia volverá en xaneiro]