Skip to main content

Etiqueta: música

Canta(r)

Abrimos un grupo de traballo dedicado ao canto que, nunha sesión semanal, irá configurando un repertorio propio, ecléctico e de perfil contemporáneo, para ser presentado diante do público de xeito regular.

Coa mediación de Sara Álvarez, abordaremos un traballo mixto de preparación e creación para constituir un elemento de acción escénica que participará na programación habitual do Teatro Permanente baixo distintas formas.

Non se necesitan coñecementos de solfexo. Valorarase o compromiso.

Estamos a valorar dous horarios. Aquel no que haxa máis inscricións será o definitivo. Podería ser os martes de 19h-21h ou os venres de 19h-21h. Cota de inscrición: 20€/mes.

Máis información e inscricións polas canles de contacto habituais!

Amelia [encore]

A interacción entre Paulo e Amparo, coa mediación escénica de Lisa, volta para continuar o seu percorrido o 26 de xaneiro.

Abordamos esta nova Permanencia cun dispositivo moi simple. Unha xornada de residencia para configurar a presentación escénica e unha única función ao día seguinte. O ciclo renovarase indefinidamente (mentres teñamos algunha boa razón para facelo).

Movementos sonoros e visuais espontáneos.

Música(s) residente(s) [?]

Artistas convidadas e residentes que abren os seus procesos de interpretación e preparación á Comunidade Permanente. Curiosidade, tentativas arriscadas ou extravagantes, camiños truncados, virtuosismo…moitas posibilidades de experiencia en relación coa(s) música(s).

En presenza constante, regular. O Teatro Permanente quere ser un espazo aberto para a música en escena. Acollemos artistas e prácticas instrumentais e sonoras diversas para propoñer á nosa comunidade dispositivos musicais específicos, con repertorios menos habituais e formas de experimentación e de exploración curiosa sobre o son, así como sobre a relación entre as persoas presentes e os intérpretes.

Amelia

[Proxecto de creación silenciosa]

Non todo o que se di ten sentido. Non todo o que ten sentido é dito. Ás veces nin sequera se pode dicir as cousas que máis sentido teñen. Se non se pode falar do que sucedeu, dá igual o que se diga.

Podes bailar se non dis nada? Non o sabemos. Pero podemos dicir que o fixemos. Isto non ten nada que ver co que aconteceu ese día, ese domingo 27 de outubro, nin a súa víspera.

[ ]

A metodoloxía é simple. Partimos dunha idea, convidamos a artistas a unha xornada de creación e improvisación e consolidamos o marco para o que pode acontecer. Ao día seguinte, dámos acceso a un deses sucesos.

Quedou isto (entre outras moitas cousas)

[Amelia volverá en xaneiro]