Skip to main content

Überschach 1937

Überschach 1937

Novas datas en abril!

Todo isto comezou por casualidade. Pero as casualidades non existen, só é unha falta de perspectiva que non nos permite ver certas conexións entre as cousas. E logo, cando as conexións se revelan, todo semella evidente.

Este é un relato documental que percorre unha serie de historias cruzadas arredor do ano 1937, e máis concretamente, sobre a vida de dous xogadores de xadrez. O noso camiño parte dunha pintura de Paul Klee, dese mesmo ano, para levarnos cara a apertura do campo de concentración de Buchenwald ou a exposición de Arte Dexenerada, inaugurada polos nazis en xullo de 1937. Recuperamos unha serie de feitos relevantes que, a pesares da distancia, merecen ser considerados como actuais, e que talvez sexan menos coñecidos dentro da historia do nazismo. Todos os os esforzos son poucos para evitar condenarnos a repetir a historia.

A partir dunha obra orixinal de Diego Seixo, “Concerto para cámara: apertura”, que pode percorrerse ao inicio do espectáculo.

En escena, Sonia Salgado, manexando un texto de Alberte Alonso que o autor pon en escena para o Teatro Permanente.

17, 18, 19, 24, 25 e 26 de abril ás 20:00

Aforo moi reducido

Reservas xa dispoñibles.

Se non formas parte da Comunidade Permanente,asóciate!

Ou chámanos ao 659188988

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…