
Retomamos as sesións matinais da man de Amparo Novas, Ánxela Vidal Trabada e Paulo p, cunha nova proposta de acción escénica a través do movemento, a palabra e a música.
Desta volta partimos das personaxes que aparecen mencionadas no texto de Sartre, A portas pechadas, personaxes sen palabras, sen aparencia, que simplemente están, para constituír un equilibrio necesario, para recibir e alimentar os relatos das personaxes que se si se presentan diante do espectador.
Este segundo capítulo, UiClo2, leva por título “O corpo da aparencia“.
Domingo 18 de xaneiro ás 12:30
Reservas xa dispoñibles!

Velaquí a última etapa do noso percorrido sobre A porta pechada, centro da nosa programación na tempada 25-26. Nesta peza imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas q…

Xa na tempada pasada iniciamos esta modalidade de multi-proposta para unha mesma peza: dúas maneiras de poñer en escena un único texto. Neste caso, retomamos Ruir, cunha achega completamente diferen…

Eu é, e non existe, como tampouco existes ti sexa cal sexa o teu nome; eu é outro, nada que ver comigo, que non son nada, nada podo dicir, nada che escribo, aínda que fale…