Skip to main content

UiClo[final]

UiClo[final]

Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa que concluímos o volume anterior.

Esta etapa leva por título: Paradoxo. Partimos, desta volta, das imaxes que os residentes no inferno de Sartre ven despois da súa morte. Teñen acceso, por razóns que descoñecemos, pero que podemos imaxinar asociadas a unha forma de condena, ao que acontece no seu entorno ao morreren. Tamén conservan a capacidade de lembrar o que fixeron en vida, e en particular, aquilo que os levou alí. Non noso caso, tratamos de reconstituír esas imaxes visualmente, e non con palabras, imaxes que o corpo e a música van definindo, para entender, talvez, que levou a esta personaxe, a nosa, a que imaxinamos, ao inferno, e a importancia do que deixa atrás dela.

Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

Domingo 17 de maio ás 12:30

Reservas xa dispoñibles!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…