Skip to main content

Unha vía cara a actitude lúdica

Unha vía cara a actitude lúdica

O compromiso a longo prazo dun xogador cara unha actividade depende tanto da xogabilidade1 como da capacidade do axente para a experiencia lúdica2(Ahmad et al. 2023: 2). A actitude lúdica3 é un sentimento que fai posible a acción lúdica (Power, 2011: 293), pero non está presente en toda práctica de xogo, xa que depende da activación dos circuítos motivacionais do XOGO (Panksepp, 1998, 2008). Gordon (2014: 249) sinala que a meirande parte dos investigadores afirman que a actitude lúdica é «unha predisposición da personalidade que fai que un individuo sexa máis proclive a implicarse nunha situación ou contexto para facelo máis gozoso ou entretido». Fronte a esta posibilidade, que a actitude lúdica sexa unha forma de privilexio que só uns poucos desfrutan, Gordon defende, como tamén fai Barnett (2011: 382), que a actitude lúdica non é un simple trazo de personalidade, senón unha característica de benestar e desenvolvemento persoal saudable, sobre a que se pode intervir4.

SE QUERES SEGUIR LENDO ASÓCIATE

Deixa unha resposta

No mes de novembro acollemos a Iván Davila para propoñervos un curso de clown en formato de fin de semana. Esta será a primeira das nosas citas anuais con este formato, que incorporamos ao noso perc…
Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigaci…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas. A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante…