Skip to main content

Vivir o momento

Vivir o momento

Aquí é onde remata esta historia. Polo principio. Todo o que se poida dicir a partires de agora sobra, xa forma parte deses engadidos incómodos, como as frases que seguen a unha despedida, mentres non rematamos de marchar cada un polo seu lado, cavilando sobre que estará a pensar o outro. Falo desas primeiras veces, supoño que se entende, cando pasan cousas que só pasan esas primeiras veces. E falas, e dis, e volta a comezar, e dentro estabamos á calor do café, e agora xa non. E aparece alguén. Que xa nos dixeramos ata outro día, que todo isto sobra! Desculpade o ton, pero teño o hábito de berrarlles ás miñas lembranzas como o que se indigna do destino dos personaxes dunha película. Por moitas veces que se repita a historia sigo facendo o mesmo, o final non cambia. Volvo a este punto, aquí sigo, escribindo palabras que sobran, como non podía ser doutra maneira. Volvo ao momento no que morro, xa perdín conta de cantas veces, sempre da mesma maneira ridícula. Pero mellor calar agora porque, como adoito dicir, aquí é onde empeza esta historia.

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…
Unha ocasión para escoitar os versos de Rosalía, co gallo do día mundial da poesía, na voz de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, poeta, membro da Real Academia Galega, e profe…