Skip to main content

vou cheo de palabras baleiras, de artificios verbais, de traballos poéticos de equilibrista

vou cheo de palabras baleiras, de artificios verbais, de traballos poéticos de equilibrista

(outono 2024)

i

ben sei agora, así tan lonxe, que o tempo de noso rematou

e a despedida ecoa co estrépito do barco botado coa marea baixa;

deslizada a popa, arrincando faiscas sumerxidas

en bágoas dun peirao que non son eu.

ii

como pode ser esta distancia,

como entender este cantil que inventaches

ó que asomo incrédulo e minúsculo na cima;

sei que se salto ó desafio,

se me enfrento á caída vertical coa que me tentas,

deixarei pegada sobre as ondas,

máis tan fráxil na fracción ínfima do impacto,

tan burdo o contorno de min sobre a oleaxe,

que asolaga o alento da memoria,

e, nese último preámbulo da apnea, véxote no alto,

castigada coa monotonía infranqueable das escumas

Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…
Unha ocasión para escoitar os versos de Rosalía, co gallo do día mundial da poesía, na voz de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, poeta, membro da Real Academia Galega, e profe…

ARTIGO RELACIONADO

,
Miro al suelo, un suelo enorme sin palabras (papeles, sí, alguien que barre en un portal, las típicas palomas) pero palabras ninguna (o no las veo). Pienso: quizá mi miopía ha empeorado, quizá y…