Skip to main content

WTF

WTF

Onte estaba esperando nun paso de peóns, cando dous rapaces, adolescentes, diría eu, pasaban facendo skate polo carril bici. E un dí (agarrádevos onde poidades): gora eta, e o outro contesta: gora eta. Quedei pasmado. Era algo tan improbable, tan inverosímil…aínda agora, despois de darlle moitas voltas, non sabería dicir por que dixeron o que dixeron.

Estaba claro de que o dicían como unha especie de frase de complicidade entre colegas, pero…tiñan idea do que quería dicir? E que estaba tan fóra de lugar! Porque, se non sabían o que quere dicir, é un signo dun problema maior, porque iso implica que cando chegaron a ela non había ningún outro elemento para darlle contexto, ou que, aínda habéndoo, decidiron delibaradamente ignoralo, sen preocuparse nada máis dunha frase que lles gustou pola súa imaxe ou a súa sonoridade. Non obstante, o máis probable é que, sabendo o que quería dicir, decidiron usala de xeito irónico; non sei, como o “what’s up” daquel anuncio?

A pregunta que xorde, inevitablemente, é: se foi o caso, como chegaron a esa transformación? que proceso puido levar a descontextualizala de tal maneira que xa non queira dicir o que di, polo menos para eles?

Os rapaces terían quince ou dezaseis anos. Isto implica que nunca chegaron a coñecer a banda terrorista en activo. Non dispoñen doutra información actualmente, máis aló do uso completamente patético que do seu nome se segue a facer en política, excepto se a foron buscar voluntariamente na rede. Se así foi, como puideron darlle a volta a todo o que aconteceu para liberar a frase do que implica?

Tal vez, e isto é unha simple especulación, porque non ten máis importancia a verdade, para quen accede a ela a través dun ordenador, que calquera forma de ficción. Os efectos diso, á vista están.

Se este é un signo dun fenómeno de maior amplitude, dediquémoslle máis atención, suxiro.

Non. Non puido ser. Tiven que escoitar mal… eppur si muove

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…
Unha ocasión para escoitar os versos de Rosalía, co gallo do día mundial da poesía, na voz de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, poeta, membro da Real Academia Galega, e profe…