Skip to main content

Xogo invisible

Xogo invisible

Poñamos outro exemplo. Imaxinemos unha aula onde se propón un exercicio de matemáticas e un tempo para realizalo. Na aula do lado, propoñemos o mesmo exercicio de matemáticas, pero agora dicímoslles aos estudantes que o primeiro que o acabe terá unha recompensa. Os elementos son iguais para as dúas aulas, pero as actividades dos alumnos non o serán. No primeiro caso, abordarán a execución dunha tarefa. No segundo caso, poderán xogar a un xogo. Se un observador externo analizase as condutas, probablemente non puidese percibir diferenzas. Só existen na disposición que a regra introduce para a segunda aula, non son perceptibles para un observador que a descoñeza.

Así e todo, a existencia da regra non garantiza unha experiencia de xogo para os participantes, posto que son necesarias unha serie de capacidades, de competencias, para poder facer dese xogo unha experiencia lúdica. Que podo facer se non me gustan as matemáticas, ou se o meu nivel non é o axeitado para o problema? Que podo facer se esa mañá tiven unha ruptura emocional e non son quen de entrar nesa dinámica? Todos eses aspectos condicionan a natureza complexa do que chamamos xogos.

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Nacer nunha illa. Medrar nunha illa. Morrer nunha illa. E logo, fuxir a terra. Sobrevivir non é seguir vivindo. Sobrevivir é non ter morto. Polo menos, non completamente. A morte non ten por…