Skip to main content

Xogo social

Xogo social

Unha mesma actividade pode ser considerada como un xogo (ou non) por distintos factores. En primeiro lugar, pode haber unha variación da percepción da actividade co paso do tempo, que se converte nun xogo ou que deixa de selo. En segundo lugar, pode que, nun momento dado da historia, unha mesma actividade sexa practicada como xogo por un determinado grupo social e non por outro.

Un xogo non se define exclusivamente de xeito estrutural, polo dispositivo que facilita as situacións potencialmente lúdicas (un balón, os naipes, un taboleiro de xadrez). Tampouco é suficiente a observación do tipo de comportamentos que producen eses dispositivos. De feito, un xogo pode ser invisible. Un factor indispensable para entender o xogo é a actitude do xogador cara a súa conduta que lle permite vivila en clave de xogo.

No mes de novembro acollemos a Iván Davila para propoñervos un curso de clown en formato de fin de semana. Esta será a primeira das nosas citas anuais con este formato, que incorporamos ao noso perc…
Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigaci…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas. A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante…