
Os aspectos dramáticos do xogo
Os aspectos dramáticos do xogo
Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas.
A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante, posto que adquire a través dela a súa forma dramática2. Este termo designa a propiedade fundamental do xogo que fai que, na cadea de operacións que o constitúen, os xogadores non teñen dereito a “desfacer a xogada” nin facer como se non se tivese feito o que fixeron.
(Henriot, 1969: 26)
Deste xeito, o xogo constitúese como una cadea de decisións irreversibles que se articulan en base ás posibilidades que emanan das regras (estratexia) e as que proveñen da experiencia dos xogadores (táctica), sendo estas as que reforzan o carácter dramático das situacións lúdicas.
A parte máis importante do xogo non se desvela a través dunha estratexia3 máis ou menos conforme ás regras teóricas. Esta parte do xogo maniféstase a través da táctica4 que empregan os suxeitos, tendo en conta circunstancias imprevisibles, adaptándose e reinventando as súas accións. A estratexia pode permanecer no plano teórico: a táctica actualízase sobre o plano práctico .
(Henriot, 1969: 87)
SE QUERES SEGUIR LENDO ASÓCIATE
Bibliografía
Carse, James P. (1986), Finite and infinite games, New York: Free Press, 2012.
Chauvier, Stéphane (2007): Qu’est-ce qu’un jeu?, Paris : Librairie Philosophique J. Vrin.
Henriot, Jacques (1969): Le jeu, Paris: Presses Universitaires de France.
— (1989): Sous couleur de jouer. La métaphore ludique, Paris: Librairie José Corti.
Kirby, Michael (1972): «On acting and not acting», The Drama Review, 16, 1, pp. 3-15, The MIT Press, [En liña: https://doi.org/10.2307/1144724. Data de consulta: 07/11/2021].
Kreft, Lev (2012): «Sport as a Drama», Journal of the Philosophy of Sport, 39, 2, pp. 219-234 [En liña: https://doi.org/10.1080/00948705.2012.725898 Data de consulta: 30/01/2018]
Parlebas, Pierre (2009): «Un champ du signe discordant: la sémiotricité», Ethologie et Praxéologie, 13, pp. 3-16.
Winnicott, Donald W. (1971): Realidad y juego, tr. Floreal Macía, Barcelona: Gedisa, 1993.


