Skip to main content

Ocho cerrado [Una impresión escénica precedida de la última palabra de Huis Clos, de Jean-Paul Sartre]

Ocho cerrado [Una impresión escénica precedida de la última palabra de Huis Clos, de Jean-Paul Sartre]

Hai bucles, como se nos ofrecesen a oportunidade de tomar unha solución distinta cando pasamos por un punto. Frases que se repiten, situacións que se enquistan e nas que tentamos encontrar unha saída, sen éxito, volvendo unha e outra vez a unha mesma idea, e retomando sendas novas, en aparencia, pero que ofrecen sempre o mesmo resultado, como unha mosca que se empeña en saír, golpeándose cada vez nun lugar diferente da ventá.

Partimos da última palabra que nos deixa Sartre para prolongar por sendas alternativas os camiños de personaxes posibles en futuros pouco probables, pero certos. Que impacto pode ter a eternidade na impresión de repetición, no cansazo de afrontar situacións que sempre rematan por regresar. E percibir, se é que os percibimos, os matices que nos revelan que ningunha vez é a mesma e que en cada repetición hai sempre unha determinada marxe que permite que sigamos querendo volver a ela.

Sábado 8 e domingo 9 de novembro ás 20:00.

Para este proxecto efémero, contamos coa colaboración da actriz mexicana Dulce Galván.

Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

Reservas xa dispoñibles!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…