
Propoñemos obradoiros de creación teatral para todas as idades, para persoas nadas antes do ano 2020. Tedes información detallada de cada obradoiro na nosa sección Aulas Abertas.
O principio destas aulas é o do acompañamento da nosa actividade de creación, mediante unha reunión semanal na que desenvolver pequenos proxectos de acción teatral a partires da nosa práctica habitual de preparación dos actores e de posta en escena.
Somos un foco permanente para a educación teatral, no que incluímos aspectos específicos da formación dos actores, asentado sobre a experiencia de prácticas escénicas diversas, e unha achega consciente e aberta aos procesos de creación.
Podedes consultar os horarios aquí.
Para saber máis, chamádenos!

Xa está dispoñible a nosa programación para o último trimestre do ano. Podedes consultala na nosa sección En cartel. As reservas estarán dispoñibles a partires do 15 de setembro. Ven formar pa…

Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!

Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…